Comedor Escolar

 

Dende o noso grupo municipal sendo conscientes de que a xestión do comedor escolar é unha competencia autonómica, queremos deixar claro que ó igual que outros servicios asumidos polo concello e que non son da súa competencia, este de forma transitoria, é dicir para o curso 2010-2011 debería ser asumido polo concello.Ó igual que están a facer os concellos de Ferrol ou Narón.

Somos conscientes de que o Concello non ten dotación presupostaria para a súa asunción económica  nin siquera o epígrafe reflexado, o que dificulta a posta en práctica desta medida, e ó alonga no tempo en caso de ser favorable a posición do goberno municipal porque con toda seguridade tería que realizarse unha modificación de crédito para habilitar a partida presupostaria.

Pero ó mesmo tempo entendemos que o goberno municipal non pode agachar a cabeza e non abordar o asunto coa seriedade que merece, dada a importante inversión que se realizou, faí menos dun ano con cargo ó Plan E do goberno central, e dado a necesidade que temos de impulsar as medidas necesarias para a conciliación da vida familiar e laboral, así como facer da educación pública un espacio de calidade.

En definitiva, a previsión do goberno municipal é nula, xa que a posición das ANPAs se sabe dende faí un ano, pero a súa capacidade de resposta é de paralise total na acción de gobernar , o que repercute negativamente na calidade de vida dos nosos/as veciños/as.

Relacionados