Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012.- A vicevoceira do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, na Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior na que o Fiscal Superior de Galicia para presentar a Memoria da Fiscalía Superior de Galicia correspondente ao ano 2011, centrou a súa a intervención en salientar varias problemáticas que para o Grupo Parlamentario destacan especialmente e como son as seguintes:
· Violencia machista: Yolanda Díaz destacou o feito de que mentres a delincuencia xeral diminúe tal e como sinalou o Fiscal Superior de Galicia, no caso dos menores aumenta o mesmo ocorre coa violencia doméstica e de xénero. Estos datos reflicten según a vicevoceira de AGE o feito de que a actual situación de crise e constantes ataques por parte das distintas administracións que están a padecer as familias no noso país estanse a traducir nun aumento tamén da violencia. Así mesmo, suliñou o declarado por Carlos Varela en canto a falla de medios existente hoxe en día na Xustiza o que provoca que existan graves problemas para evitar determinadas conductas delictivas.
· Abrir abano contra as prácticas abusivas: Yolanda Díaz declarou así mesmo o desexo de Alternativa Galega de Esquerda de que o Ministerio fiscal abra o abano e actúe non só no tema das preferentes sentón tamén ante outro tipo de prácticas abusivas e que sufre todos os días como contratos en materia de telecomunicacións ou o suministro de enerxía.
· Defensa medioambiental: a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda sinalou de xeito especial a necesidade de que a fiscalía exerza un maior control para evitar aos ataques a noso patrimonio natural tal e como está a acontecer na actualidade con proxectos como o da mina de Corcoesto ou a planta de gas de Ferrolterra. Yolanda Díaz asegurou que existe unha certa fraude normativa e vulneracións no ámbito penal que pediu que sexan investigadas.
· Nenos/as roubados e recuperación da Memoria histórica: En relación a nova relativa a non prescripción dos delitos nos casos dos nenos e nenas roubadas durante a etapa do franquismo, Yolanda Díaz instou a que tamén se teña sensibilidade coas asociacións pola recuperación da memoria histórica e se dea resposta a todas esas familias que únicamente queren saber que é o que aconteceu cos seus familiares e onde están os seus restos. “Pediríamos á fiscalía que abra unha porta para lograr depurar a nosa historia e colocarnos en pé de igualdade sabendo o qué pasou” solicitou Yolanda Díaz.
· Tasas xudiciais: a vicevoceira do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda manifestou unha vez máis a repulsa do seu grupo pola política de tasas do PP e fixo fincapé sobre a necesidade de levar a cabo unha adecuación da xustiza á realidade do noso país.
· Seprona: Yolanda Díaz destacou a necesidade de que grupos como Seprona convírtanse en autonómicos xa que actualmente depende do Estado.
· Puntos de encontro: a vicevoceira quiso tamén centrar a atención durante a súa intervención na necesidade de establecer un control e saber o que está a ocurrir nos punto de encontro que o estar privatizados tal e como sinalou Yolanda Díaz o acceso a información sobre o seu funcionamento resulta complicado e opaco.
· Desafiuzamentos: no tema dos desafiuzamentos Yolanda Díaz pediu a Fiscalía que empregase actuase empregando os camiños (a través da defensa dos menores ou cando se ven afectadas persoas con discapacidade) que están na súa man para evitar a grave situación que están a padecer as familias galegas. m
· Centros CIE: a vicevoceira quiso así mesmo manifestar a súa posición contraria aos CIE “profundamente opacos” e onde as ONG’s están a denunciar vulneracións dos dereitos das persoas. Pese a iso estos centros contan con 118 informes favorables hacia estos centros de internamento polo que se solicita unha investigación e un maior control dos mesmos.







