Comisión edificio Fenosa

Estamos a vivir a situación máis dramática das últimas décadas, pois o cumprimento da sentencia, entre derribo e indemnizacións, suporía un custo duns 60 millóns de euros que terá que afrontar a veciñanza, e dicir unha cuarta parte do orzamento anual do concello. Xa que logo o Concello disporá de moitos menos recursos que derivará en recortes nos servizos sociais e a perdida de capacidade para a reactivación económica local e a consecuente creación de emprego.

Esquerda Unida esixe a apertura inmediata dunha comisión non remunerada que investigue a concesión da licenza do edificio Conde de Fenosa, porque entendemos que non pode quedar impune o atentado arquitectónico que se levou a cabo con este edificio, polo que demandamos accións contundentes e modélicas contra os culpables de esta situación. Todos os días estamos asistindo a unha reacción clara por parte da cidadanía, que pide que remate a impunidade co que actúan os especuladores e os corruptos.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Concello a cumprir coa sentencia de anulación da licenza dende unha saída económica social e equitativa, que repercuta de forma directa nos culpables desta situación. Instamos ao Concello a contactar co resto de forzas políticas, cos veciños e veciñas afectados, Asociacións Veciñais, Colexio de Arquitectos, a Escola Técnica Superior de Arquitectura, para acadar a solución menos gravosa a vista de que hai técnicos que se están a pronunciar a favor da posiblidade de cumprir a sententza sen ter que demoler o edifico. E, por suposto, para habilitar os mecanismos necesarios para garantir que, no futuro, situacións coma esta non se volvan a repetir.

César Santiso, voceiro de EU-V, indicou que “non podemos permitir por máis tempo que os culpábeis desta desfeita saian de rositas e moito menos que repercuta nos petos dos coruñeses. Creemos que é fundamental depurar responsabilidades, identificar a todos os que permitiron que isto pasase, e actuar en consecuencia.

Relacionados