Concello suspenso en transparencia

Esquerda Unida considera que o suspenso que lle outorga Transparencia Internacional ao concello avalan as súas críticas en canto á opacidade, principalmente na concesión de servizos municipais. Así, nas contratacións públicas o nivel de transparencia do Concello  en materia de externalización de servizos descende un 65% Así a transparencia pasando de 71,4 puntos no 2010 ao 25 no 2012 o que lle sitúa na cola das administracións analizadas, concretamente no posto 85.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que todos os expedientes administrativos, até onde permita a lei de protección de datos, estén a disposición da veciñanza a través da web municipal. Entendemos que o orzamento público é unha propiedade de todos cidadáns xestionada polos nosos representantes elixidos democraticamente, e por iso todos temos o dereito de saber en todo momento e con todo detalle que se fai co diñeiro público, o noso diñeiro, do mesmo xeito que coñecemos en todo momento e con todo detalle o saldo e os movementos das nosas contas bancarias persoais. A única razón pola que as administracións manteñen a xestión dos fondos públicos nun estado de opacidade é para facilitar a impunidade dos comportamentos corruptos. Para terminar cunha xestión administrativa que na práctica é secreta, e co obxectivo de lograr a maior transparencia, achegando a cidadanía á realidade cotiá do concello e minimizando a posibilidade de comportamentos corruptos, propomos e non comprometemos a cumprir:

Que non se adxudique ningún contrato, obra ou servizo por procedementos sen publicidade e sen que todas as ofertas recibidas, xunto coas súas respectivas valoracións e informes técnicos e xurídicos, estean integramente a disposición do público para a súa consulta libre, anónima e sen restricións na páxina web municipal.

Que non se pague ningunha certificación de obra, factura, subvención ou convenio con cargo a fondos municipais sen que todos os informes técnicos e xurídicos que xustifiquen o seu pago estean integramente a disposición do público para a súa consulta libre, anónima e sen restricións na páxina web municipal.

Que ningún representante municipal en empresas públicas, consorcios e outras administracións vote a favor de acordos que non contemplen un nivel de transparencia equivalente ao exposto.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “sempre nos queixamos da falta de transparencia do concello da Coruña, máis dende a chegada do PP a cousa está a empeorar como amosa o desceso do posto 38 do 2010 ao 48 no 2012. Negreira como os cangrexos, camiñando cara atrás”.

Relacionados