Concentración Defensa monte galego

No comunicado denunciamos que as políticas da Xunta na xestión do monte son totalmente inadecuadas para resolver o problema dos lumes. Estamos sufrindo as consecuencias, por unha parte, dunha agresiva política de recortes, e por outra, da carencia dunha política de incendios, sobre todo no aspecto esencial da prevención.
A esixencia máis inmediata é a de reclamar medidas para recuperar as zonas afectadas pola vaga de incendios. É necesaria unha intervención urxente das administracións para paliar os efectos do lume sobre infraestruturas, vivendas, cultivos, e evitar a erosión dos solos.

O CDMG insiste nas serias limitacións dunha política baseada exclusivamente na extinción, esquecendo outras medidas menos efectistas pero imprescindibles a medio e longo prazo: profesionalización dos servizos de extinción, incremento de zonas de protección en zonas rurais, campañas de formación e sensibilización, modificación das políticas de ordenación do territorio, promoción da multifuncionalidade do monte, ou unha aposta firme pola revitalización do rural.

 

O Comité, coas aportacións de todos os sectores afectados, está a elaborar un documento para presentar ante o Parlamento Galego coa intención de que a Xunta aborde con rigor o problema dos incendios e da xestión do monte, cambiando radicalmente de política.

Relacionados