Confirmado o engano do PP ante o naval

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, Víctor Ledo secretario nacional de industria de CC.OO e Javier Couso, eurodeputado da Izquierda Plural, levaron onte a Bruxelas, unha xuntanza de traballo co comisario de Competencia da UE Joaquín Almunia para coñecer de primeira man a posición da Dirección Xeral de Competencia ante a negativa á financiación da construción do dique flotante de Ferrol.

Dende a Dirección Xeral de Competencia (DXC), afírmase que non existe ningún proxecto firme presentado ao respecto da ampliación das instalacións de Navantia. Cousa que contrasta radicalmente coa postura mantida polo PP tanto no goberno central como na Xunta de Galicia.

Según explicou Almunia, para que a DXC aprobe a posible financiación dun Estado a unha empresa, debe presentarse, ademais dunha comunicación en forma de pregunta, -que é o que se limitou a facer o Goberno do PP- , un proxecto. E iso, segundo o comisario, nunca aconteceu. O Goberno español fixo “unha pregunta moi vaga ao respecto”, na que non se facía referencia ao proxecto específico de Navantia en Ferrol.

Para Yolanda Díaz, o rexeitamento do Goberno español, respaldado pola Administración Autonómica de Alberto Núñez Feijóo, pasa por alto que o proxecto sería “económica e tecnicamente viable”. Dacordo a un estudio citado pola deputada, a construción tería un custe de 140 millóns de euros e afirma que “o Goberno español e o Goberno de Feijóo están utilizando a Comisión e a DXC como chivos expiatorios”.

Dacordo con Víctor Ledo, o sector de reparacións están en auxe e xenerou beneficios por máis de 3 millóns de euros en 2013. Ademáis, no caso de Navantia en Ferrol, sería necesaria a construción de dous novos diques debido ás características dos novos barcos .

Relacionados