Conflito laboral de Nostian

 

O consello comarcal de EU Coruña apoia as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Albada, así como a súa determinación de convocar folga para esixir que a empresa cumpra o acordado.

 

Unha vez máis observase como as posicións encontradas entre persoal e empresa fan que ambas partes observen realidades diferentes. Así, mentres a empresa fala de “chantaxe”, afirma que está a cumprir co preacordo e centra a problemática no despido dun traballador. o presidente do comité de empresa, Xosé Manuel Vilariño, denuncia persecución sindical e que non se levou a practica a suba laboral pactada nin tampouco os acordos en relación as quendas de libranza dos sábados, manténdose en alternos cando deberían ser tres seguidos sen traballar.

 

Esquerda Unida propón que o concello incluía unha clausura nos pregos de contratación que lle permita participares nas mesas de negociación das empresas que desenvolven servizos municipais. Con esta medida o concello sería coñecedor de primeira man da problemática laboral e permitiríalle unha participación proactiva para evitar que os conflictos laborais prexudiquen aos coruñeses e coruñesas, pois non debemos esquecer que o concello esta obrigado a desenvolver os devanditos servizos a cidadanía.

 

César Santiso, voceiro de EU-V, indicou que “os continuos conflitos entre empresas concesionarias de servizos públicos e o seu persoal demostran que o concello ten que tomar parte activa no dialogo social”. Pero mentres non exista a cláusula que lle permita ao concello participares de pleno dereito, César Santiso solicitou a Carlos Negreira que medie no conflito e demostre que ten o suficiente carisma que demanda o cargo de alcalde da Coruña.

Relacionados