Confluencia en Ponteareas

Por parte de Esquerda Unida, manifestouse a total disposición a chegar a un acordo de coalición, sempre en base a un programa claramente de esquerda. O establecemento dunha coalición en Ponteareas entre Esquerda Unida e a Riada do Tea, podería ser o revulsivo que quitara dunha vez do goberno municipal á dereita retrógrada e escurantista, que pretende gobernar no concello como se este fora da súa propiedade.

A primeira tarefa que EU faría no Concello, sería poñer “luz e taquígrafos” sobre todo o relativo ás contas municipais, contratos públicos e laborais e a xestión dos servizos públicos.

Tamén se lle trasladou á delegación da Riada do Tea, que en opinión de EU, é máis necesario que nunca xuntar forzas de cara a plantar cara ás políticas de agresión ás clases traballadoras e populares que están levando a cabo o PP e o PSOE. Para isto, é necesario comezar a construír o poder popular dende a base, de xeito que uns posibles gobernos de esquerda tanto no estado español como en Galicia, conten cun amplo apoio social.

Relacionados