Contaminación do porto

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que a autoridade portuaria manipule os datos de partículas emitidas tal e como denuncia a avv. Oza-galiteira-os castros e esixe explicacións ao ente portuario. A entidade veciñal ve nde denunciar que o pasado 29 de setembro os datos emitidos polo medido rde partículas desapareceron momentos despois de constatar a veciñanza que os niveis de contaminación cuadriplicaban o límite permitido. Unha situación que amosa a mala praxe e opacidade dunha entidade que contamina co beneplácito dun goberno municipal que en lugar de defender a cidadanía defende os intereses económicos da Autoridade Portuaria.

Esquerda Unida denuncia que dende a chegada do PP a María Pita incrementouse a emisión de partículas contaminantes. Durante o ano 2012 superouse o valor medio anual permitido de emisións en 7 microgramos por m3, así as emisións de partículas contaminantes pola actividade do porto da Coruña durante o ano 2012 foi de 27 microgramos por m3 cando o límite fixado polo Real Decreto 2002 que regula estas emisións sitúase en 20 microgramos por m3.

Diante desta situación, O voceiro de EU-V, César Santiso, esíxe o actual goberno que actúe con responsabilidade ante un problema de saúde cidadá e esixa a autoridade portuaria os datos dos medidores de partículas emitidas polo porto da Coruña no mes de setembro. Atopamos realmente preocupante a situación de desamparo na que se atopa a cidadanía coruñesa e en especial os veciños dos Castros que ven como a súa saúde non é un dereito a ter en conta polo goberno actual, o cal rendese o lucro da Autoridade Portuaria.

Relacionados