Contra o desmantelamento xudicial

Esquerda Unida participará na mesma, e iniciará unha rolda de contactos cos sindicatos, operadores xurídicos e o movemento veciñal, de cara á acadar unha posición común en defensa do partido xudicial de Ferrol, o mantemento do Colexio de Avogados e contra a privatización do Rexistro Civil.

Non abonda con que a avogada Martina Aneiros, voceira municipal do Partido Popular, presente unha moción en defensa do seu gremio. Compartimos que o Colexio de Avogados debe permanecer na cidade, especialmente pola necesidade para a cidadanía e polos postos de traballo que xera a devandita oficina, pero non pode centrar as reivindicacións para Ferrol dun servizo público imprescindible como é a xustiza. Non son tempos para corporativismos, Esquerda Unida de Ferrol loita polo público como esencial para unha sociedade avanzada e igualitaria.

A xustiza é a última instancia á que pode recorrer o pobo cando se sinte agraviado polas institucións, e as reformas que veñen impostas de Madrid, e a súa vez de Europa, queren facer da xustiza un cumio inalcanzable senón é a golpe de talonario. De aprobarse todas as reformas previstas en Ferrol non haberá xustiza, tanto en sentido real e palpable como metafórico. O mantemento do edificio xudicial como algo testemuñal non garante a protección dos dereitos da cidadanía.

Unha vez máis, o alcalde dos barrios baldeados para o seus paseos baixo palio, o do salmón no anzol, mira para outro lado, e teñen que ser as forzas sociais (partidos da oposición, sindicatos, colexio de avogados, movementos sociais,…) os que forcen unha postura firme e unánime en defensa doutro piar que, de ser derrubado, contribuirá ao afundimento da comarca. Non se pode esquecer que, ademais dun servizo público, os xulgados son tamén un motor socioeconómico da zona centro, polo que fixar posturas compartimentadas  e defensoras dun elemento sen mirar para o conxunto é un erro estratéxico e unha falta de visión política a que nos ten acostumados o Partido Popular.

Relacionados