Contratos a dedo

Esquerda Unida denuncia que o 97% do importe dos contratos adxudicados polo goberno municipal durante o 2014 son a dedo. Tal e como recolle o perfil do contratante, ferramenta que as administracións teñen a obriga de ter accesible á cidadanía na su propia web. Trátase en todos os casos de expedientes iniciados no 2013, moitos resoltos a finais do ano pasado, pero en todos os casos o selo de tempo do perfil do contratante sinala o ano 2014.

Eu alerta de que 14 dos 15 contratos que aparecen adxudicados no perfil do contratante durante este ano son mediante procedemento negociado sen publicidade, por un importe superior ao millón de euros, concretamente 1.055.475,29 mentres que o único contrato adxudicado por procedemento aberto foi por importe de 35.487,97. Se ven pódese comprender utilizar este tipo de contratación para temas moi concretos como módulos de extensión de programas informáticos dos que o concello xa ten adquirido o módulo base, semella totalmente inaceptable utilizalo para a contratación de obras de mellora do alumado público na Rolda de Outeiro por importe de 168.867,75 €, ou para construír as escaleiras mecánicas da praza de San Agustín que o goberno municipal contratou a dedo por 133.846,62 € á empresa Arias Hermanos Construciones, SA. empresa a que o executivo Negreira xa tiña contratado por procedemento negociado a reparación das pasarelas peonís por preto de medio millón de euros.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que o goberno municipal prosiga coa súa inmoral política de contratación, utilizando o procedemento negociado como método habitual, cando a lei sinala o seu carácter extraordinario así como a necesidade de debida xustificación. A propia lexislación establece que na contratación pública debe utilizarse o procedemento aberto con carácter ordinario, isto é así porque o procedemento negociado supón grandes limitacións aos principios de publicidade e concorrencia polo que so está xustificado cando a licitación resulte inconveniente ou infactible, situación que soamente se da en contadas ocasións. Existe reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo que sinala o carácter extraordinario do procedemento negociado e a necesidade de cumprida xustificación de esa excepcionalidade que o ampara, neste sentido o Tribunal de Contas tamén ten sinalado que debe acreditarse o procedemento é máis vantaxoso para os intereses públicos, que o procedemento aberto, circunstancia que na meirande parte das ocasións é de imposible xustificación debido que no procedemento aberto pode presentar ofertas calquera empresa que cumpra os requisitos, existindo máis posibilidades de obter finalmente unha oferta de maior calidade e menor prezo.

César Santiso, indicou que “Negreira pon o concello en liquidación total, semella que antes de abandonar María Pita pretende agasallar a todas as súas empresas amigas, a conta dos petos dos coruñeses. Negreira bateu o seu propio récord de contratos a dedo porque está a utilizar a mesma praxe que Bárcenas co suposto financiamento ilegal do PP a nivel estatal”.

Relacionados