Convivir coa Trama Pikatxu

A agraciada esta vez foi AMARTYA Servicios S.L. Descoñecemos os motivos polos que SERMASA non se presentou ao concurso, se ben supoñemos que algo influiría o feito de que axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira rexistraran dependencias Municipais, dentro da operación Pikachu, versión hercúlea da Pokemon, arredor das irregularidades cometidas nas adxudicacións de contratos.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao goberno que especifique á cidadanía as condicións dos contratos de todas as adxudicacións que posúe o grupo Vendex. Iso si sería un verdadeiro exercicio de transparencia e no o anuncio do cambio de adxudicación que consideramos pode ser una estratexia para desviar a atención.

Para evitar que ser repitan este tipo de situacións, Esquerda Unida propón a creación dun observatorio municipal da contratación, garante da limpeza e transparencia das contratacións públicos, dado que actualmente, visto o visto, non se pode asegurar que os procesos de contratación non respondan a necesidades espúreas coma os que están a seren investigados. O noso grupo aposta pola independencia e pola concorrencia en igualdade de oportunidades do sistema de contratación pública. O órgano estaría formado por colexios técnicos da función pública como o colexio de secretarios interventores e tesoureiros, técnicos municipais e expertos da UDC, así como por representantes de cada grupo municipal, establecendo pautas para a eliminación das malas prácticas como os contratos a dedo e os concursos ad hoc, tan habituais tanto no goberno do PP como en anteriores do PSOE. Asemade estaría capacitado para elaborar avaliacións “custe–beneficio” das propostas de investimento municipal.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que “derivar unha antiga adxudicación de Vendex a outra empresa non é ningunha solución. Esiximos que o Concello combata a corrupción sen convivir con ela como agora fai, coa escusa de que se trata de herdanzas de anteriores gobernos”.

Relacionados