
A Coordinación Nacional é a máxima responsabilidade orgánica de Esquerda Unida. A Asemblea Nacional escolle o Consello Político Nacional (máximo órgano de dirección entre asembleas), que na súa primeira reunión elixe á persoa que ostentará o cargo.
Lino, Coordinador Nacional de Esquerda Unida.
Cursou estudos de educación primaria no Colexio Público de Vilameán e de Bacharelato no IES Val Miñor (Nigrán) aínda que non chegou a rematalos.
Iniciou a súa traxectoria profesional no sector da construción, aínda que axiña derivou cara ao sector do metal, onde desenvolve o seu labor como caldereiro dende hai décadas.
Cun forte compromiso sindical, está afiliado a CCOO e foi delegado de Prevención en Talleres Ganomagoga, empresa na que traballou máis de vinte anos ata o seu peche.
No ámbito político, foi Coordinador Local en Ponteareas, onde logrou o fito de acadar a primeira representación municipal para a súa formación. É membro do Partido Comunista de Galicia e Coordinador Nacional de Esquerda Unida dende abril de 2025.
Contactos
Correo electrónico: coordinacion.nacional@esquerdaunida.org
X: @Lino_EU
Instagram: @linocvila
Facebook: lino.costas



