Creación de zonas de ocio alternativas

 

Así pois, a devandita ordenanza non regula o consumo de alcohol nos espazos públicos os que afecta se non que simplemente impón unha serie de sancións económicas contra determinadas actividades difíciles de regular, por outra banda a actuación das forzas do orde noutras ocasións supuxo de facto a supresión do dereito de reunión.

 

O consello comarcal de EU Coruña denuncia que o nomeamento da cidade vella como zona de especial protección supón unha vulneración dos dereitos dos cidadáns, en especial, o relativo ao dereito de reunión. Supón unha limitación engadida ao espazo público da cidade que implica a anulación do dereito de reunión en horario nocturno en practicamente toda a zona centro da cidade.

 

Esquerda unida propón a creación de zonas de ocio nocturno que non supoñan molestias a veciñanza, dotadas de saneamento e servizo público de transporte, o que facilitaría a actuación das diversas asociacións e ONG’s que tratan esta materia na cidade en contacto directo coa mocidade. Asemade, ampliar o programa Noitenova e outro tipo de actividades lúdicas e culturais, deseñadas coa participación xuvenil para que poida ter un impacto real no ocio nocturno na cidade.

 

Francisco Novoa, membro do consello político comarcal declarou: “A aplicación desta normativa, supón un secuestro efectivo dun dos dereitos máis fundamentais, como é o de reunión, sumado a problemática da non limitación legal do número e tamaño das zonas de especial protección, o que irremisiblemente nos conducirá a unha cidade onde non sexa posible a vida social nocturna de ningún tipo nos espazos públicos”.

 

EU solicita a substitución da ordenanza municipal para regular a convivencia e o ocio nos espazos públicos por considerala prohibicionista a vez que ineficaz na loita contra o alcoholismo xuvenil, por unha que realmente ataque a raíz do conflito sen impoñer medidas sancionadoras con afán recadatorio nin limitar o uso dos espazos públicos.

 

Relacionados