Custes medioambientais ponte na ría

 

Sen prexulgar as conclusións que se poidan derivar  da análise pormenorizada do devandito estudo informativo que vai realizar nos vindeiros días o noso Grupo Municipal, Esquerda Unida quere alertar dos  posibles custos medio ambientais que aparellaría o proxecto segundo  se  desprende das informacións que  están a aparecer nos medios de comunicación.

 

O noso Grupo Municipal vai comezar unha serie de reunións coas entidades e asociacións interesadas na cuestión ao obxecto de perfilar a nosa posición do xeito máis fundada posible.

 

O noso Grupo salienta os valores da ensenada da Malata tanto no que atinxe a súa riqueza marisqueira e área de añidación para as aves marítimas, canto no que fai a súa condición de espazo privilexiado para a práctica de deportes naúticos; asemade dos valores históricos e patrimoniais que se  atopan  no seu perímetro.

 

A nosa organización chama  a atención sobre os postos de traballo derivados da riqueza marisqueira da ensenada. E tamén o valor que ten esta para a práctica deportiva náutica nas augas protexidas da rada ferrolá. Non cabe poñelos en cuestión de resultas deste proxecto.

 

Para a nosa organización semella fundamental  preservar a conservación e a navegabilidade actuais da ensenada da Malata. Sen o acceso dos dragas para a limpeza da rada nos atoparíamos coa morte irremediable das potencias que choxe ten este espazo.

 

Os impactos medio ambientais percuten  sobre a saúde pública cos conseguintes riscos engadidos para a poboación da contorna.

 

O noso Grupo Municipal, unha vez  teña a documentación do estudo informativo e complete a súa análise, presentará as conseguintes alegacións para garantir tanto a conservación e navegabilidade actuais da rada, canto para evitar os custos medio ambientais que comprometan ao ben fundamental para a nosa cidade que é a ensenada da Malata.

Relacionados