Custos xurídicos Reganosa

 

Nesa renuncia a defender os intereses xerais da  nosa cidadanía coincidiron PP, PSOE e BNG, nunha alianza  na que aceptaron a ditadura dos feitos consumados, claudicando diante dos poderes económicos, cando votaron a retirada do concello do proceso xudicial en curso. Dicir primeiro unha cousa e logo outra lévanos a ter que pagar facturas inútiles, presentarmos recurso para logo retirarse do proceso non deixa en bo lugar os responsables políticos desa desfeita, que hoxe aínda temos pendente de pago.

 

O Concello de Ferrol presentara unha batería de actuacións legais para deter a instalación da planta de gas de Reganosa: recurso contencioso administrativo ante a Audiencia Nacional contra a resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética na que se outorgaba autorización administrativa para a instalación da planta de gas e todas as medidas consecuentes no devandito proceso. Hoxe temos pendente de pago o custo dos servizos xurídicos dese proceso, do que logo retirámonos a causa do voto concertado de PSOE, PP e BNG.

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida vai continuar a defender a legalidade e a seguridade da cidadanía, isto é, o interese xeral, defendendo nas rúas  e nos tribunais que a planta de gas non pode continuar a súa actividade no actual emprazamento. Defensa na que participamos con máis de 60 colectivos sociais na nosa comarca.

Relacionados