Datos paro de marzo

Santiago de Compostela, 02 abril de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda considera un síntoma conxuntural a redución rexistrada nos datos do paro en 1.636 persoas en marzo en Galicia xa que ven motivada polo efecto da Semana Santa pero non supón que o problema do desemprego se estea a solucionar. “É como a temperatura nun termómetro que sube e baixa cando se está enfermo e neste caso sempre marcando temperaturas moi altas” explicou o voceiro do grupo, Xosé Manuel Beiras. Beiras destacou así mesmo se trata dun emprego precario e temporal, as veces de días que pasadas as vacacións desaparece.

O problema do desemprego segue un grave problema no noso país que hai que atallar de xeito urxente tal e como reclama Alternativa Galega de Esquerda que lembra que habería que engadir os datos da xente nova que despois de ser formar no noso pais  ten que emigrar para buscar traballo ou a xente que xa perdeu toda esperanza e deixa as listas do paro.

Relacionados