Si se confirman perdas patrimoniais públicas en Marineda Plaza a cidadanía debería dar as costas ao PSOE coruñés

 

 

Agora, o Consello de Contas abriu dilixencias para determinar si houbo perdas de patrimonio público na operación urbanística do centro comercial Marineda Plaza, situación que en caso de confirmarse deberá supor o punto de inflexión no que a cidadanía coruñesa dese as costas ao grupo municipal do PSOE.

 

Segundo Esquerda Unida, os feitos apuntan a un novo escándalo urbanístico, no que os coruñeses, unha vez máis, perden parte do seu patrimonio a favor do gran capital privado quen en convivencia co Goberno local están a producir o desvaldimento da cidade. Así en Maio de 2006, cando aínda era alcalde Francisco Vázquez, o pleno municipal modificaba o Plan Xeral de 1998, creando unha normativa específica para as grandes áreas comerciais, na que se elevaba a altura máxima de edificación e a superficie construíbel, pasando de 11,5 m e 70% a 18 m. e ata o 100% da parcela. En decembro de 2007, sendo edil Javier Losada, outro acordo plenario concedía a cualificación de grande área comercial á parcela adquirida por Invest Cos (sociedade formada por tres dos maiores empresarios de Galicia: Manuel Jove, José Collazo e José Souto), e a outros terreos comprados na zona pola sociedade a particulares. Entre as leiras adquiridas estaban as instalacións de Herdeiros de Ignacio da Igrexa (empresa propiedade da familia política do alcalde) e outras leiras que fora comprando nestes anos. O pleno recalcificou esta zona a chan urbano consolidado a pesares de ser monte e labrádeo o que supuxo un aumento da edificalidade superior ao 1.600% de 13.492 m2 a máis de 220.000 m2. Ademais o chan urbano consolidado exime aos propietarios da obriga de ceder ao Concello o chan necesario para servizos xerais, ou zonas verdes e equipamentos, e de ceder tamén a plusvalía xerada polo aproveitamento urbanístico, ao redor do 10% da superficie.

 

Con todo, a parcela estaba atravesada polo trazado da Terceira Rolda da cidade, polo que Invest Cos  subscribiu un convenio co Concello polo que se comprometía a sufragar a construción dunha glorieta elevada, con 1,3 millóns para as expropiacións e 4,9 para as obras. A obtención dos terreos, con todo, custou finalmente ás arcas municipais 2,5 millóns de euros, 1,2 máis de que pagou a promotora.

 

Para Esquerda Unida resulta curiosa a permisividade con que o concello, co alcalde a cabeza, permitiu o atraso no pagamento a Invest Cos, pois o convenio establecía a obriga de facelo a finais do 2008. Así a empresa alongou o pago, ata febreiro de 2010 cando a fiscalía estaba xa a investigar o incumprimento do pago.

 

Xa que logo, o Consello Comarcal de EU Coruña pedirá a dimisión do alcalde e o seu equipo de goberno, no caso de que se confirme este novo escándalo urbanístico.

 

César Santiso, Coordinador Comarcal de EU, afirmou “agora a cidadanía comeza a comprender o espírito que movía ao goberno coruñés para promover o asentamento de grandes superficies en detrimento do pequeno comercio”.

 

Finalmente, o Coordinador Comarcal solicitou aos coruñeses de esquerdas que non castiguen ao PSOE, que de seguro o van a facer, coa abstención nas vindeiras eleccións municipais, senón que o fagan outorgando a súa confianza á verdadeira esquerda, a esquerda alternativa e transformadora que defenderá os intereses da maioría social, os servizos públicos e pulará pola creación de emprego estable e de calidade na nosa cidade.

Relacionados