Débeda de 1,4 millón de euros

e un espazo para instalar unha pista de Golf de prácticas mentre aplica unha brutal subida nos impostos municipais que pagan todos os veciños e as veciñas.

Para o deputado de AGE, resulta “obsceno e indecente” o acordo xa que en primeiro lugar, trátase dunha administración (a Xunta de Galicia) a que non paga os seus impostos, e en segundo lugar trátase dunha suposta compensación moi alonxada das necesidades reais e prioritarias dos veciños e veciñas de Silleda que antes que dispor dun lugar onde poder practicar o golf, precisarían contar cunhas mellores infraestructuras culturais e deportivas, unha nova casa da Culturam, melloras en pavillóns e pistas deportivas municipais, ademais de investimentos en infraestructuras educativas e sociais para a xestión da dependencia, centros de día que non existen no concello, ou xeriátricos públicos entre outras moitas prioridades.

Asi mesmo, desde AGE considerase un auténtico insulto aos veciños e veciñas de Silleda o xeito de actúar por parte das dúas administracións que mentres cargan contra á cidadanía obrigandolles a asumir unha brutal subida de impostos en base á actual situación económica, perdóanse unha débeda de case un millón e medio de euros á Xunta de Galicia a cambio dun campo de golf e unha infraestructras para a que non sabemos cantos cartos serán precisos investir para o seu acondicionamento por parte do Concello.

AGE levará este acordo a comisión parlamentar para esixir unha explicación por parte do goberno galego para “tratar de arranxar este desauisado onde se substitúen débedas por campos de golf cando o concello de Silleda precisa de liquidez e doutras infraestructuras prioritarias” tal e como explicou o deputado Juan Manuel Fajardo.

Relacionados