Defensa pensións

Para elo, aprobou un Real Decreto Lei de Medidas de Consolidación e Garantía do Sistema de Seguridade Social, motivando a presentación dun Recurso de Inconstitucionalidade por parte da maioría de Grupos Parlamentarios, entre eles Izquierda Unida. Igualmente, modifícase a Lei do Fondo de Reserva da Seguridade Social.

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esta medida constitúe un prexuízo claro para un dos colectivos máis vulnerables, o dos pensionistas. É, ademais de inconstitucional, unha medida inxusta e ineficaz e enmárcase na continuada política de axustes que está a intensificar os negativos efectos da crise, deprimindo a demanda interna e afectando intensamente á actividade económica e ao emprego. Con ela, retíranse de maneira inmediata 2.000 millóns de potencial consumo, que no caso das pensións a práctica totalidade destínase a ese fin, e outro tanto só ao longo de 2013.

Igualmente, o Goberno cedeu ás esixencias do núcleo máis conservador da Unión Europea e dos mercados, cuxa actividade especulativa segue provocando que a economía, non se recupere e que os traballadores, pensionistas e xubilados sigan perdendo poder adquisitivo e uns dereitos sociais que conseguimos durante moitos anos de loita.

Tamén o Goberno cambia a Lei Reguladora do Fondo de Reserva da Seguridade Social, para establecer que durante os exercicios 2012, 2013 e 2014 non resultará de aplicación o límite do 3 por 100 da nómina de pensións contributivas e gastos de xestión do sistema, que poden ser dispostos para atender o pago das devanditas pensións. Durante eses anos o límite será o que determine e prevexa a Intervención Xeral da Seguridade Social.

Unha medida que se fai sen explicación previa algunha aos grupos parlamentarios que integran a Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Toledo nin ás organizacións sindicais e empresariais, como debería ocorrer.

Por todo iso, débese esixir que se manteña o espírito de consenso do Pacto de Toledo, pois as medidas do Goberno prexudican ás persoas máis débiles e non se toma, nin unha soa medida que afecte aos culpables da crise tan brutal que temos nestes momentos e que non son precisamente os traballadores/as, nin os pensionistas e xubilados.

Existe unha gran preocupación cando vemos o impacto que a crise está a facer nas persoas maiores. O progresivo envellecemento da sociedade española expón un dos principais retos socioeconómicos e políticos do Estado de Benestar, xa que debuxa un escenario de novas necesidades sociais ás que temos que dar resposta para asegurar os dereitos democráticos da cidadanía.

O aumento da proporción de persoas maiores na sociedade implica fortalecer os diferentes alicerces sobre os que se sostén o dereito a un envellecemento digno e de calidade: as pensións, a sanidade, a atención á diversidade funcional ou as medidas de servizos sociais… que este Goberno está a recortar.

As principais políticas públicas levadas a cabo nos últimos anos, a partir da irrupción da crise, e os seus efectos na vida das persoas de 65 e máis anos, está a ser demoledor, levando a un gran número de pensionistas e xubilados á pobreza e á exclusión social.

Hai que fortalecer a solidariedade interxeracional para asegurar a calidade de vida da nosa poboación maior e poñer fin ás inxustas políticas de austeridade, como vía para unha saída da crise de maneira democrática e sustentable económica e socialmente.

O goberno debe ter en conta que os máis de 8.800.000 pensionistas e xubilados españois, na inmensa maioría dos casos, teñen nas súas pensións a principal e/ou única fonte de ingresos, que ademais serve para o sustento dos seus familiares en paro ou en serias dificultades económicas, polo que se fai necesario que recuperen o IPC perdido inxustamente

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Que o Concello inste ao Goberno Central a retirar o Real Decreto Lei 28/2012, de 30 de novembro, de medidas de consolidación e garantía do sistema da Seguridade Social, mantendo o poder adquisitivo das pensións

Segundo. Que o Concello esixa ao Goberno a proceder ao abono das cantidades deixadas de percibir por aplicación da citada Lei.

Relacionados