Denuncia Gamesa

 

Así pois, a Redución do cadro de persoal nun 40% non se xustifica cunha redución inferior a un tercio da produción (de 31 palas semanais a 22). O que para Esquerda Unida supón un nidio incremento da carga de traballo por empregado/a. O aluvión de despedimentos e ataques aos dereitos dos traballadores e traballadoras semella contraditoria cos beneficios obtidos pola empresa o ano pasado, cas axudas públicas recibidas e pola perspectiva positiva do sector.

 

Esquerda Unida reclama da Inspección de Traballo que actúe con urxencia para facer real as demandas das e dos traballadores que están a ser despedidos sen atender as esixencias legais. A realidade deste días é que xa foron despedidos todos os traballadores con contrato temporal. Malia que boa parte dos mesmos estaban asinados en fraude de lei, como recolle o requirimento da Inspección de Traballo, para que transforme en indefinidos os contratos temporais que carecen de causa válida ou que superasen o período máximo de duración establecido legalmente, tras comprobar que hai traballadores vencellados á empresa en virtude dunha sucesión de contratos de duración terminada por períodos prolongados de tempo sen que conste a sustantividade da obra identificada ao respecto da actividade propia da empresa.

 

EU quere denunciar a pasividade cómplice da alcaldía das Somozas, que resta nun silenzo obxectivamente cómplice coa empresa, toda vez que non fai nada na defensa das e dos traballadores da empresa.

 

Esquerda Unida entende indispensable unha actitude inflexible dos poderes públicos coas empresas que se aproveitan das axudas públicas, sufragadas cos cartos de todas e todos, para en troques incorrer en fraude de lei e en deslocalizacións das súas producións.

Relacionados