Deputadas e senadora

 

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea

Cursou estudos de primaria no CEIP Canicouba, secundaria no IES Santa Irene e diplomouse en enfermaría na Escola Universitaria pública do Meixoeiro. Traballaba como enfermeira no Servizo Galego de Saúde. Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG) e, dende xuño de 2016, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.

Foi deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia. Actualmente é vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea.

Contacto:
eva.solla.fernandez@parlamentodegalicia.gal
@eva_solla
Páxina de Facebook

 

yolanda4

 

Yolanda Díaz, deputada de En Marea

Yolanda Díaz Pérez naceu no barrio obreiro de San Valentín, en Fene. Avogada en exercicio, milita no PCG e EU dende moza. É coordinadora nacional de Esquerda Unida e da Executiva Nacional do PCG e do Comité Executivo do PCE. Concelleira en Ferrol entre 2003-2012, ocupou a responsabilidade de Cultura e Turismo, xunto coa primeira tenencia de alcaldía, durante 2007 e 2008. Despois foi deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia. Actualmente é deputada de En Marea no Congreso dos Deputados.

Contacto:
Twitter: @Yolanda_Diaz_
Coordinadora nacional de @EsquerdaUnida
Páxina de Facebook

 

 

 

 

 

 

 

 

Vanessa Angustia, senadora de En Marea

Licenciada en Historia da Arte e Técnica de Dinamización Turística. Traballou como técnica de Promoción e Dinamización Turística do Concello de Pontevedra. Coordinadora comarcal de Esquerda Unida de Pontevedra. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado por En Marea pola provincia de Pontevedra e foi elixida senadora, mandato que revalidou nas celebradas o 26 de xuño de 2016.

Contacto:
mvanessa.angustia@senado.es
@vaneangustiaeu
Páxina de Facebook