Despatoloxización trans

Outubro foi un mes de loita pola despatoloxización das identidades trans. Nesta data houbo convocadas concentracións en máis de 60 cidades de Africa, Asia, Europa, Latinoamérica e Norteamérica, demandando que a OMS (Organización Mundial da Saúde) deixe de considerar a transexualidade como unha enfermidade mental nos Manuais Internacionais de Diagnósticos.

Ese día (20 de Outubro) e a súa reivindicación son apoiados por un gran número de institucións políticas internacionais, gobernos, concellos e sociedades científicas, con resolucións entre as que destacan: o Informe Temático “Dereitos Humanos e Identidade de Xénero” do Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa, a Recomendación CM/Rec (2010) 5 do Comité de Ministros do Consello de Europa, a Resolución 1728 (2010) da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa e as Declaracións de Dereitos Humanos de Thomas Hammarberg: “Leis claras necesarias para protexer ás persoas trans da discriminación e do odio” (26 de xullo de 2011); así como declaracións de diferentes gobernos, entre eles o Goberno Español, os Ministerios de Exteriores e de Sanidade de Francia e a Xunta Nacional de Saúde e Benestar de Suecia. O Congreso Nacional de Psiquiatría celebrado en Oviedo en novembro de 2011, contou coa presenza dun enviado da OMS, Greffrey Reed, quen declarou os planes de excluir ás persoas transexuais da lista de enfermos mentais na próxima revisión da clasificación internacional de enfermidades (CIE-11) prevista para 2014. En xullo de 2012, a APA (Asociación de Psiquiatría Americana) deu a coñecer que a transexualidade deixará de ser considerada unha enfermidade mental en EE.UU.

O colectivo transexual atópase este ano especialmente preocupado polas informacións que indican que o Ministerio de Sanidade podría estar baraxando poñer o foco dos seus recortes en prestacións sanitarias como a ciruxía de reasignación de sexo, posibilidade que xa foi rechazada por varias organizacións LGTBI.

Ademais as asociacións de persoas transexuais levan anos denunciando a deficiente atención que prestan as UTIX (Unidades de Trastorno de Identidade de Xénero) nos hospitais públicos. Según o texido asociativo danse demoras excesivas nas citacións, desenvólvense evaluacións psicolóxicas que violan os protocolos “standares”, utilízanse test sexistas, heterosexistas e desfasados, etc.

Esta situación provoca que moitas persoas acaben abandoando o proceso na sanidade pública, recurrindo á atención privada ou á autohormonación, cos graves riscos que iso conleva para a saúde.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro.-Instar ao equipo de goberno a unirse ao manifesto da Rede Internacional pola Despatoloxización Trans (adxunto).

Segundo.-Instar ao Goberno autonómico ao desarrollo dunha Lei Integral de Transexualidade que recolla as demandas das persoas transexuais.

Terceiro.-Instar ao Goberno de España a defender en todos os foros internacionais sobre a materia a despatoloxización da transexualidade.

Cuarto.-Instar ao Goberno de España a manter a prestación sanitaria de todo o proceso transexualizador, incluida a ciruxía de reasignación de sexo.

Relacionados