Detidos por corrupción

Esquerda Unida considera que, ante o acontecido hoxe no Concelllo de Nigrán, a cidadanía non pode admitir que membros do equipo de Goberno poidan ser detidos nunha operación anti-corrupción.

EU, a espera de coñecer máis datos sobre a operación policial no concello de Nigrán que afectarían a xestión do concelleiro de vías e obras corporación local e desde a cautela necesaria considera que todas estas sospeitas confirman que o sistema de contratación público nos concellos galegos é a todas luces un desastre, concellos de cor política diferente aparecen nesta nova operación xudicial creando unha sensación social moi perigosa, a de “todos son iguais” creando unha desafección política que fortalece o interés do poder económico sobre o político.

Desde a chegada á Alcaldía do Sr. Valverde, tres Concelleiros abandonaron o Goberno Municipal, o responsable de Urbanismo, Ignacio Vilas que deixou o PP e o seu goberno municipal con denuncias de pelotazos, unha Concelleira imputada por fraude fiscal e agora o Concelleiro de Vias e Obras, Alvarez Valverde detido, que se supón que deixará o goberno municipal.

Para Esquerda Unida só hai un responsable político desta situación na que está o Concello de Nigrán, que é o seu alcalde, Alberto Valverde, como máximo responsable do concello, por delegar en concelleiros presuntamente corruptos, polo que debe presentar a súa demisión ao igual que o concelleiro detido.

Ante esta gravisima situación, recentemente Esquerda Unida denunciou o incumprimento da lei de contratos no Concello de Nigrán en materia de publicidade, do que tamén é responsable o Alcalde. Este oscurantismo e falta de transparencia que xunto coa privatización de servizos publicos son a orixe da corrupción, fai que agora sexa mais necesario que nunca a aprobación da moción sobre transparencia que presentou Esquerda Unida. Agora Esquerda Unida, ademais, anuncia que tamén vai a solicitar todos os contratos nos que intervino o concelleiro detido, as modificacións de contratos realizadas e as variacións de contratos asinados nesta lexislatura com respecto aos anteriores contratos.

Chegados a este punto, xa non queda máis que traballar na remunicipalización total dos servizos públicos, evitando que empresas concesionarias señan as auténticas corporacións locais na sombra, corporacións “as que ningún nigranés eleximos nas urnas”, ademais dun control democrático, xudicial e policial das actuación dos entes locais coas empresas privadas.

 

Relacionados