Día da Clase Obreira en Galicia. 10 de marzo

Un pobo sen memoria é un pobo sen futuro.

Esquerda Unida recorda un ano máis o 10 de marzo de 1972 cando eran asasinados a mans fascistas os compañeiros Amador Rey e Daniel Niebla mentres defendían os dereitos dos traballadores dos estaleiros públicos de Ferrol.

Dende Esquerda Unida, facemos un chamamento á participación, no día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, nas mobilizacións convocadas polos sindicatos co fin de honrar a memoria dos compañeiros asasinados, así como de continuar a loita polos dereitos que, aínda hoxe, nos vemos na obriga de seguir a defender.

Concretamente, grazas as políticas de emprego do PP, as traballadoras e os traballadores teñen que firmar contratos baseados na miseria, na precaridade e na desigualdade, contratos que rematan cos dereitos fundamentais das persoas.

Dende Esquerda Unida recordamos que a manifestación do 10 de marzo de 1972, en plena ditadura fascista, é un gran exemplo de mobilización que, nas condicións máis duras, acadou unha solidariedade e compromiso obreiro que debemos ter hoxe en día, nunha Galicia con 240 mil persoas desempregadas, como referente. Un pobo sen memoria é un pobo sen futuro.

 

DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA. ACTOS: 

Mañá xoves 10 de MARZO, Yolanda Díaz, Eva Solla e Juan Fajardo asistirán ás diferentes convocatorias de Ferrol con motivo do Día da Clase Obreira Galega.

YOLANDA DÍAZ, deputada de En Marea e coordinadora nacional de Esquerda Unida

Ofrenda Floral:

Hora: 11 horas.

Data: Xoves, 10 de marzo.

Lugar: Ao pé do Monolito de Recimil (Ferrol).

Inauguración da rúa (Xulio Aneiros):

Hora: 12 horas.

Data: Xoves, 10 de marzo.

Lugar: Polígono do Bertón (Ferrol).

Manifestación:

Hora: 19 horas.

Data: Xoves, 10 de marzo.

Lugar: Saída dende o Monumento ao 10 de Marzal (Ferrol).

 

 

JUAN FAJARDO, deputado de AGE e membro da dirección de EU e

EVA SOLLA, deputada de AGE e membro da dirección de EU

Manifestación:

Hora: 19 horas.

Data: Xoves, 10 de marzo.

Lugar: Saída dende o Monumento ao 10 de Marzal (Ferrol).

Relacionados