Día mundial de concienciación do autismo

 

Manifesto da Organización Mundial do Autismo (OMA)

 

Este ano saudamos por terceiro ano consecutivo a proposta da ONU que celebra o día Mundial de sensibilización sobre o autismo-WAAD e queremos aproveitar esta efeméride para requirir de todos os gobernos que se adhiran asinando e ratificando a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Minusvalía porque dende a Organización Mundial do Autismo-OMA, reivindicamos o dereito que teñen as persoas con minusvalía en xeral, e as persoas con TEA, en particular, a gozar do amparo lexislativo no que non sexan “obxecto” de políticas caritativas ou asistenciais, senón que son “suxeitos” de dereitos humanos. Polo tanto, as desvantaxes sociais que sofren non deben eliminarse como consecuencia da “boa vontade” doutras persoas ou dos Gobernos, senón que deben eliminarse porque as devanditas desvantaxes son violatorias do gozo e exercicio dos seus dereitos humanos.

 

Dende a OMA, apoiados por todas as entidades relacionadas coas persoas TEA, queremos declarar ante os gobernos de todo o mundo que, superando a primeira década do século XXI non se pode esgrimir ningunha razón válida para continuar mantendo máis ou menos na sombra a un colectivo – as persoas con autismo – que ata a data, salvo en honrosas excepcións segue dependendo en gran xeito do esforzo cotián das propias familias.

 

Nos países máis avanzados, dende o punto de vista dos dereitos sociais, a lexislación existente non se cumpre convenientemente ou forman parte de colectivos con minusvalía con necesidades non sempre converxentes e, nunha inmensa maioría de países, simplemente non existe lexislación ao respecto.

 

A globalización, máis ou menos discutible, verdadeiramente achéganos co cal todos coñecemos de primeira man as dificultades dentro dos nosos grupos así como as solucións practicadas, razón que nos impide continuar na postura do descoñecemento, negando unha evidencia que sufriu unha explosión nos últimos anos.

 

Se uns grupos se sentiron comprometidos para tratar de evolucionar no traballo, estudo e tratamento das persoas con TEA – xa sexan pais, profesionais ou investigadores – debemos esixir as administracións públicas que se impliquen tamén xa que nós somos a sociedade e reclamámosllelo.

 

A tolerancia e o pluralismo enriquecen e cohesionan unha sociedade máis digna.

 

Dende a OMA consideramos e facemos noso o principio “…..Os Estados Parte recoñecen a importancia da cooperación internacional e a súa promoción, e encóntranse obrigados a tomar medidas apropiadas e eficaces ao devandito fin. Nos casos en que corresponda, farano en asociación coas organizacións internacionais e rexionais pertinentes e a sociedade civil, en particular organizacións de persoas con minusvalía. (Convención, art.º 2).

 

Temos a base, a Convención sobre os dereitos das persoas con minusvalía (Nacións Unidas), que se acollan a ela e que modifiquen as leis facéndoas converxer. Estamos nesta loita, é a nosa esixencia e somos inaccesibles ao desalento.

 

Un gran número de países asinárona, pero non tantos ratificárona. Todos os estados deben comprometerse a realizar os cambios necesarios na súa propia lexislación para evitar calquera forma de discriminación, promovendo así a igualdade de oportunidades co resto do tecido social.

 

Todos os cidadáns debemos partir dende as mesmas oportunidades para o acceso á participación activa na sociedade, á educación, a sanidade, o traballo, o ocio e gozo cos apoios necesarios para aqueles que os precisen sen diferenzas en razón a orixe, confesión ou minusvalía.

 

En consecuencia, as persoas con TEA, deben e teñen que acceder, en pleno exercicio de liberdade, ás mesmas oportunidades que os demais cidadáns.

Relacionados