medioambiente xenerico.jpg - 9.29 Kb

5 de xuño Día do Medio Ambiente

A Executiva Nacional de Esquerda Unida aposta pola implantacion das enerxías renovábeis, pola reducción do consumo de derivados do petróleo, das emisións de CO2, polo peche das centrais nucleares o consumo racional da auga e a conservación da biodiversidade. 

 

Quecemento global, acidificación dos mares, cénit do petróleo, crise enerxética, hídrica, e alimentaria… todo isto son indicadores de que estamos a superar a capacidade do planeta para soportar a nosa actividade.

 

Neste día Mundial do Medio Ambiente, Esquerda Unida – Os Verdes recorda que é necesario cambiar o modelo productivo e de consumo para poder avanzar tanto cara á sustentabilidade ibilidade social como ambiental. O crecemento económico continuo é unha imposibilidade física que os defensores do actual sistema económico parecen non ter en conta. Debemos camiñar cara a unha redución do consumo de materias primas, polo menos no chamado “primeiro mundo”, que é, aínda na actual situación de crise económica, o principal consumidor de recursos do planeta. Nada menos que o 80% dos recursos son consumidos polo 20% da poboación mentres que lle deixamos soamente o 20% á inmensa maioría, ao restante 80% de seres humanos que viven en condicións cando menos precarias.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida aposta pola implantación das enerxías renovábeis, redución do consumo de derivados do petróleo e, xa que logo, das emisións de CO2, peche das centrais nucleares, consumo racional da auga e a conservación da biodiversidade, respecto ao territorio… todas estas cuestións todos sabemos que son imprescindibles para o coidado do Medio Ambiente. Pero a realidade é que a estes problemas soamente se lles poñen parches, porque a implantación de medidas que realmente atallaran o problema confrontarían directamente cos intereses do capital. Esa é a realidade.

 

Eu-v considera que o sistema capitalista é incompatíbel co medio ambiente  a xustiza e a igualdade polo que e necesario desenvolver un novo modelo político, económico e social que se adapte aos límites do noso planeta e isto non é posible si deixamos o rumbo da economía nas mans dos mercados, porque o único que que contemplan é a obtención de beneficios, o demais é prescindíbel. Porque nestas condicións, coa inmensa maioría da poboación mundial sumida na pobreza, actualmente necesitaríamos case que dous planetas para satisfacer as necesidades humanas ao ritmo actual de consumo.

 

Relacionados