Dimisión delegada de urbanismo

 

 

Por enésima vez, a delegada non electa atribúe actuacións urbanísticas arbitrarias a erros. Isto xa ocurriu en varias ocasións con decisións sobre esta misma unidade de actuación. Pero hai que lembrar que recentemente xustificou unha recalificación de terreos en Lamas de Prado que beneficia a unha empresa constructora do seu sogro, por tratarse tamén da corrección dun suposto erro.

 

Xa é hora de eliminar o cargo de delegada non electa a unha persona non elexida polo pobo de Lugo, e que deixe de pagarse cos impostos dos lucenses a unha persoa que está danando e perxudicando constantemente a imagen da institución municipal coas súas mentiras e actuaciones parciais.

 

Este novo engano ratifica o convenio CS-5 incumplindo o informe de Cultura e actuando en contra do auto xudicial do xulgado nº2. Elo demostra que o alcalde e a concelleira actúan sen respecto á Xustiza. EU reitera que ambos poden estar incurrindo en responsabilidades legais e implicando penalmente, polo tanto, ao Concello de Lugo que formamos todos os lucenses.

 

Constitúe unha burla a todos os lucenses que o pasado domingo día 5 diga nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia que lle gustaría que as torres se demolesen, e tres días despois fale de un erro mentras actúa beneficiando claramente ao constructor, incluso por enriba dunha orde xudicial.

 

Por elo, pretenden evitar que os lucenses coñezamos o novo PXOM aprobándoo con nocturnidade e alevosía, mediante un método ilegal que incumple a Lei de Bases de Réxime Local.

 

O alcalde sinala que «Como temos moi claro como actuamos, non hai de qué temer». Precisamente porque EU ten claro como actúa o goberno municipal, asegura que tampouco haberá PXOM nesta lexislatura.

Relacionados