ferrol.gif - 5.79 Kb

EMAFESA

 

A nosa organización lembra a secuencia de mobilizacións e protestas desenvolvidas pola plantilla para superar os obstáculos postos pola empresa, namentras  a desidia  caracteriza  a non labor do  Goberno Municipal.

 

A nosa organización quere reclamar do Goberno Municipal que cambie a súa actitude de connivencia obxectiva coa empresa concesionaria.  O silencio cómplice do Goberno somentes axuda á empresa a ignorar as xustas  demandas laborais da plantilla de traballadores e traballadoras.

 

A empresa ten unha concesión dun servizo público e, xa que logo, o Goberno Municipal non se pode converter nun convidado de pedra nunha situación de conflito que para Esquerda Unida non ten dúbida algunha: derívase e prodúcese pola intransixencia da empresa.

 

Esquerda Unida quere propoñer unha saída racional e ao longo prazo: a remunicipalización de EMAFESA  estamos certos que vai permitir dar unha saída social, económica e sustentable a xestión da auga na cidade. Unha prestación de servizo con estas características  vai supor unha notable millora da calidade deste servizo público.

 

A nosa organización continúa no entanto a  campaña  social pola Iniciativa Popular para acadar as 6.000 sinaturas  das veciñas e veciños de Ferrol. Número suficiente para presentar esta Iniciativa  Popular a prol da remunicipalización do servizo da auga o do saneamento na nosa cidade. Estamos certos que a resposta cidadá, que nos está a acompañar  en todas e cada unha das mesas postas nestes días, vai ser determinante para acadar un obxectivo que  fará do futuro servizo de augas un elemento  anovador  e cunha presenza tamén da representación veciñal nos  órganos de toma de decisións.

 

Esquerda Unida vai situar mesas de recollida de sinaturas este vindeiro domingo, día 15 de abril de 2011, a partires das 11:00 horas da mañá na feira de Ferrol para continuar a sumar e artellar vontades para recuperar para o servizo público o que non día de hoxe ten demasiado de negocio para uns poucos.

 

A participación cidadá, outra política de prezos e un compromiso de reinvestir os beneficios nas novas  canalizacións e saneamento da cidade son elementos que unha empresa pública de augas  vai coidar por enrriba de calquera outra consideración, en particular a do beneficio empresarial  privado.

Relacionados