Empresa municipal vivenda

 

A  constitución da empresa municipal de vivenda semella un dos elementos distintivos dos concellos que abordan de maneira activa a creación de políticas públicas  de contido social favorables a facilitar ao acceso á vivenda pública en aluguer.  No tempo da nosa estadía no Goberno Municipal comezamos os trámites necesarios para abordar a súa creación.

 

A  rehabilitación do barrio de Recimil vai ser un dos cometidos centrais deste instrumento de actuación pública, que Esquerda Unida incorporou tamén no punto VI do Acordo para os Orzamentos de 2009.

 

A nosa organización insta ao Goberno Municipal a cumprir os acordos e pór toda a determinación e enerxía para dotar á cidade desta ferramenta para mellorar as condicións de vida da nosa cidadanía.

Relacionados