Esiximos medidas reais a prol dunha sociedade diversa e respectuosa nos actos do Orgullo LGTBI

Esta semana estase a levar a cabo diferentes actos por todo o Estado que conmemoran o Orgullo LGTBI. Se ben comezou a celebrarse cun día reivindicativo, o 28 de xuño, que conmemoraba os disturbios de Stonewall en Nova York (1969) e marcou o inicio do movemento de liberación homosexual, agora, celébranse uns días nos que millóns de persoas toman as rúas polos dereitos LGTBI, a prol da dignidade de todas as persoas, polo dereito a ser e existir en liberdade e de ter unha vida digna, un paso vital na construción dunha sociedade diversa e respectuosa.

Neste liña, falta moito camiño por percorrer a día de hoxe. Na actualidade, o colectivo LGTBI segue a sufrir agresións, que van en aumento en cada ámbito da vida: na escola, no traballo ou nos diferentes espazos públicos. Segundo o último Informe de Delitos de Odio, dado a coñecer recentemente polo Ministerio do Interior, os incidentes e agresións por orientación e identidade sexual aumentaron nun 36% no pasado 2016.

É por iso que dende Esquerda Unida lembramos que, para facer fronte á LGTBIfobia, ao odio e discriminación cara ao colectivo LGTBI, é fundamental visibilizar estas violencias, denunciar, e tomar medidas efectivas e reais desde as institucións que a erradiquen.

Conscientes de que hai moito camiño por andar, dende Esquerda Unida animamos á cidadanía a acudir ás diferentes actividades e mobilizacións convocadas, como a manifestación polos dereitos LGTBI que terá lugar este 28 de xuño na Coruña (Obelisco), ás 20 horas á que asistirá Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento de Galicia.

Relacionados