Este martes 26 Esquerda Unida reuniu a Coordinadora Nacional, máximo órgano de dirección, para debater e finalmente aprobar o borrador de documento xurdido entre o equipo negociador de Esquerda Unida e Movemento Sumar para concorrer en coalición ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro.
A falta das próximas reunións, e ante un escenario cambiante no que se recuperan as teses de aglutinar forzas que sempre defendeu esta organización, seguiremos contribuíndo para poder ofrecer ao electorado galego unha alternativa política que a día de hoxe non ten voz no seu Parlamento e que non debe agardar 4 anos máis por falta de entendemento.
Aceleraremos os contactos para que os detalles pendentes do preacordo cheguen a bo fin e poidamos comunicar un acordo de Coalición en firme e o máis plural posible, no que poidan colaborar e teñan cabida as principais sensibilidades políticas da esquerda federalista.
Neste contexto, Esquerda Unida aproba o regulamento de primarias cara a elección das persoas candidatas a concorrer ao proceso electoral.