Esquerda Unida solidarízase coas traballadoras e traballadores de FCC-Ponteareas

 

As penosas condicións de baixos salarios e insuficientes descansos vense empeoradas pola privatización do servizo acordada no seu día polos partidos da corporación ponteareá.

Dende Esquerda Unida, consideramos que a orixe do problema ven das condicións de traballo do equipo laboral antes da privatización e tamén da propia privatización, xa que o Concello non incluíu ningún tipo de cláusula social no contrato de cara a esixir unhas boas condicións laborais para as persoas empregadas da empresa contratista.

Correspóndelle ó alcalde e actual corporación facer a mediación necesaria para que as reivindicacións das traballadoras e traballadores de FCC sexan debidamente atendidas.

 

Todo o contrario do feito por Solla, quen se puxo de parte da empresa, establecendo uns servizos mínimos abusivos. O coordinador local Lino Costas, a partir da constitución da nova corporación, retomará con novos recursos o traballo político de lograr a remunicipalización deste servizo.

Relacionados