Esquerda Unida considera vergoñento que unha manifestación en defensa dun espazo social remate con brutalidade policial

Esquerda Unida solidarízase cos movementos en defensa dos espazos sociais e denuncia a criminalización sistemática do activismo social e do activismo cultural.

Esquerda Unida considera intolerable que unha manifestación en apoio á defensa de espazos sociais remate con excesiva brutalidade policial, tal e como ocorreu na xornada deste martes co desaloxo do Centro Social de Escárnio e Maldizer na Algalia, no centro de Compostela. Dende Esquerda Unida manifestamos o noso profundo rexeitamento ante todo tipo de violencias e solidarizámonos cos movementos en defensa dos espazos sociais.

O centro da Algalia non presentaba ningún problema nin de convivencia nin de seguridade e dotaba de actividade cultural a un edificio histórico e emblemático da Zona Vella, polo que mostramos o rexeitamento a esta actuación de tapiado completamente irregular e contraditoria coas normas urbanísticas e de Patrimonio.

Esquerda Unida denuncia a criminalización sistemática do activismo social e do activismo cultural e rexeita a represión policial e xudicial, sempre ó servizo do sistema capitalista, corrupto e retrógado, que persegue iniciativas culturais en vez de cumplir co que debera ser seu deber. Por iso lamentamos o uso desproporcionado da forza en vez da búsqueda de solucións.

Este desaloxo é un exemplo máis dos efectos da Lei Mordaza coa que o goberno do PP ataca os dereitos e liberdades da cidadanía, e faino precisamente para evitar que a maioría social agredida proteste e reivindique os seus dereitos, para silenciar os movementos sociais e culturais que discrepan do pensamento único que o sistema pretende impoñer.

Por último, dende Esquerda Unida felicitamos ao goberno municipal de Compostela Aberta, polo seu rápido posicionamento, mediante un comunicado, “condeando o uso desproporcionado da forza, en vez da búsqueda de solucións negociadas”.

Relacionados