Esquerda Unida, contra o ERE de EXTEL, en A Coruña

Esta mañá, membros de Esquerda Unida, así como o deputado electo de En Marea, Manuel Lago, participaron na concentración contra o ERE de EXTEL, na Coruña, que prevé a redución de 205 postos de traballo na sede do contact center na cidade.

O presidente do comité de empresa, David Doural, confirmou que o centro da Coruña é o máis afectado polo ERE de EXTEL. “Máis da metade dos despedimentos vanse executar na nosa plataforma. Nós traballamos para Movistar, que argumenta que as chamadas van descender a partir de decembro, algo totalmente falso. O que pretenden é ou ben deslocalizar o servizo a países nos que os traballadores lles saen máis baratos ou ben facer unha deslocalización interna para darlla a outro proveedor. Dende o comité de empresa chamamos á unidade e a mobilidade da cidadanía porque este ERE é inmoral, non hai causas e Movistar é o culpable de todo”, sinalou.

En Marea manterá unha xuntaza co comité de empresa de EXTEL o vindeiro mércores, 5 de outubro, ás 17h. no local da Marea Atlántica, para atender as reivindicacións laborais dos traballadores e reafirmar o seu compromiso coa situación do sector.

Relacionados