Esquerda Unida convoca o CPN para avaliar os resultados do 26X

Esquerda Unida celebrou este sábado pola mañá o seu Consello Político Nacional en Santiago, para valorar e analizar en conxunto os resultados electorais do pasado domingo 26 de xuño, e que permiten que En Marea manteña representación institucional nas Cortes Xerais, coa presenza da deputada Yolanda Díaz no Congreso e da senadora Vanessa Angustia na Cámara Alta.
Ao remate da xuntanza, a Coordinadora Nacional de EU, Yolanda Díaz, destacou que, aínda que non dispoñemos de todos os informes para avaliar os resultados, “estes poñen de manifesto que tanto En Marea en Galicia como a coalición Unidos Podemos no resto do estado son, nestes intres, forzas consolidadas no espazo da esquerda”. Aínda que sí é certo que as espectativas era altas, debido aos datos que ofrecían todas as enquisas, “os resultados non se poden valorar como negativos, xa que é a primeira vez na historia (ou a segunda se contamos a cita electoral de decembro), na que unha forza alternativa da esquerda rupturista consegue afianzarse no Congreso dos Deputados con 71 representantes”.
No Consello Político Nacional de Esquerda Unida tamén se fixo autocrítica e se analizaron os motivos que poideron levar á alta abstención que se deu no voto da esquerda. Yolanda Díaz insistiu en que as “altas espectativas xogaron na nosa contra, e non soubemos mobilizar a parte do electorado”. E tamén hai que salientar que “subestimamos a capacidade de reacción do Partido Popular, que foi quen de facer unha campaña silente pero moi eficaz”.
No que respecta á abstención, a porcentaxe de voto que se perdeu con respecto ao 20 de decembro non se trasvasou a outras formacións políticas, senón que quedou na casa. “O noso traballo agora, e xa pensando nas Eleccións Galegas, e poder chegar a esa parte do electorado, interlocutar con eles, coñecer as súas inquedanzas e poder darlle solucións, consolidando así máis unha opción de cambio que pode ser a alternativa real ao goberno de Núñez Feijoó.
O secretario de organización de EU, Rubén Pérez, que tamén compareceu anteo os medios de comunicación ao remate do CPN destacou que agora todas e todos debemos traballar unidos para reforzar e ampliar as confluencias, un espacio consolidado que debemos coidar, mimar e reforzar”.
Xa en resposta ás preguntas dos xornalistas, que centraron as súas dúbidas nos pasos a seguir para presentar unha alternativa creíble ao PP en Galicia, tanto Yolanda Díaz como Rubén Pérez insistiron na urxencia e necesidade que ten En Marea de presentar un candidato, “que debe ser de consenso, xa que os cabezas de lista de calquera formación representan proxectos colectivos, e discutir sobre esa figura colectiva invalida o argumentario anterior”. Desde EU somos conscientes de que estamos xa en precampaña electoral e urxe engrasar a maquinaria para derrotar a Núñez Feijoo, e o próximo outono poder desaloxalo de Monte Pío.

 

Relacionados