Esquerda Unida denuncia a ampliación da concesión de ENCE por 60 anos máis

Dende Esquerda Unida denunciamos que a resolución do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente de ofrecer unha concesión dunha prórroga por 60 anos para a permanencia de ENCE na Ría de Pontevedra, concretamente ata 2073, e cun goberno en funcións, é un feito vergoñento.

Este feito é toda unha irresponsabilidade dun goberno en funcións, que non quixo concedelo antes das eleccións do 20 de decembro de 2015, únese a complicidade da Xunta de Galicia emitindo en novembro de 2015 un informe favorable á permanecia da planta na ría de Pontevedra incumprindo, así, o programa electoral co que Núñez Feijóo se presentou ás eleccións autonómicas de 2012 no que o PPdG se comprometía a que ENCE abandonase o seu actual emprazamento. Ademais, o PPdG e Núñez Feijóo, apoiando estetipo de actuacións, está a incumprir os instrumentos de ordenación como son as DOT e o POL asinados mediante decreto polo propio presidente galego. Por iso, tanto dende o grupo parlamentar de AGE como de En Marea recorreremos por vía administrativa esta decisión e presentaremos iniciativas instando ao goberno á revisión de dita resolución co fin de deixala sen efecto.

Ademáis, Esquerda Unida anima á cidadanía a asistir a Manifestación convocada en Pontevedra ante a decisión tomada polo goberno en funcións do PP de conceder unha prórroga a ENCE de 60 anos máis.

Relacionados