Esquerda Unida denuncia que un 77% da mocidade galega que traballa ten un contrato temporal e de miseria

Respecto aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que o INE fixo públicos esta mañá, dende Esquerda Unida reiteramos de novo que a destrucción de emprego de calidade segue a ser a tónica á que o PP nos ten acostumadas nestes últimos anos. Tal e como vimos denunciando, o emprego que se crea é temporal e precario.

Dende Esquerda Unida denunciamos que o PP venda o dato de que “traballa máis xente” a bombo e platillo, cando temos menos traballo, pero máis repartido entre traballadoras e traballadores precarios que non chegan a fin de mes. A realidade é que a masa salarial á a mesma, o que muda son os salarios e as condicións laborais, que empeoran cada ano, seguindo así o obxectivo das políticas neoliberais: a destrución de emprego indefinido e de calidade e a condena de xeracións futuras a vivir condicións precarias inaceptables.

E así o reficten os datos: Segundo a EPA, en Galicia creáronse 23.600 empregos no terceiro trimestre de 2017 (+2,25 %) e o número de persoas ocupadas subiu ata 1.072.500. Con todo e maila suma, quedarían por recuperar 143.900 empregos para volver aos valores previos á crise.

A este feito súmase outra conclusión de preocupante: no noso país moitas persoas, especialmente mozas e mozos, deixan de estar paradas porque desisten de buscar emprego, non porque pasen a traballar, polo que optan por volver estudar e vivir na casa familiar ou emigrar. De novo as mozas e mozos galegos son o colectivo máis castigado pola alta temporalidade dos contratos: mentres a  taxa de temporalidade é do 28,1 % de media en Galicia, nas persoas de 25 a 29 anos alcanza o 59,9 % e, nas menores de 25 anos, dispárase ata o 77,1 %.

Grazas ás políticas de emprego do PP, os traballadores e as traballadoras teñen que firmar contratos baseados na miseria, precariedade e a desigualdade, contratos que rematan cos dereitos fundamentais das persoas. Dende Esquerda Unida estamos, dende fai uns anos, seriamente preocupadas polo retroceso en dereitos laborais que reflexan o fracaso das políticas de emprego do Partido Popular.

Relacionados