Este 12 de xullo en Compostela, xunto ao Partido Comunista de Galicia e Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil participamos nun acto de solidariedade con Cuba no que se puxo de manifesto unha realidade incontestable: Ningún outro país baixo o sistema capitalista sería capaz de soportar máis de seis décadas de bloqueo mantendo a dignidade do seu pobo, nun Estado asfixiado por unha política de agresión permanente.
As intervencións no acto estiveron a mans do noso Coordinador Nacional, Lino Costas Vila, a Responsable de Área Externa do PCG, Lucía Gutiérrez, o Presidente da Asociación Villamil, Francisco Sebio, e a representante do Consulado de Cuba, Airelys Romero.
O moito que Cuba conseguiu con tan pouco é simplemente extraordinario. As conquistas da sanidade, da educación e da igualdade seguen a ser un exemplo de resistencia fronte a un asedio que ten consecuencias directas na vida cotiá da súa poboación, especialmente das mulleres, para quen o bloqueo constitúe hoxe a forma de violencia máis lesiva.
Cada apagón, cada medicamento que falta e cada operación suspendida teñen unha causa política: o bloqueo.
Defender a Revolución Cubana é tamén defender o dereito dos pobos a decidir o seu propio futuro. Porque mentres Cuba siga bloqueada, a solidariedade internacional non pode deterse.
Podes ver o acto aquí







