Esquerda Unida lanza duras críticas contra Somos Fene e traballará para que a moción non vaia adiante

Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida e Maricarmen Martínez, concelleira de Esquerda Unida Fene, ofreceron esta mañá no salón de Plenos do Concello de Fene unha rolda de prensa denunciando a moción de censura de Fene, presentada conxuntamente por Somos Fene e o Partido Popular.

Maricarmen Martínez lembrou que “dende Esquerda Unida xa manifestamos, en todo momento, o noso total rexeitamento ás formas de facer política de Somos Fene, polo que agora non nos sorprende o que fixo: presentar unha moción de censura conxuntamente co Partido Popular”. Segundo explicou, esta actuación irresponsable é o resultado de antepor intereses partidistas aos intereses dunha veciñanza “que non merece uns representantes de tan baixa calidade moral”.

Pola súa banda, Rubén Pérez trasladou a preocupación da dirección de Esquerda Unida con todo o que está a pasar en relación a “esta moción de censura que pretende colocar nun lugar político un debate que non é tal cousa” senón que é unha acción de intereses partidistas. Segundo sinala o secretario de Organización de Esquerda Unida, “non hai ningún argumento que xustifique a acción de entregar ao PP a alcaldía de Fene”, por iso “imos traballar para que esta moción non vaia adiante, así como trasladar todo o noso apoio á nosa concelleira en Fene”.

Dende Esquerda Unida consideramos que é inadmisible e inxustificable presentar unha moción de censura que entrega o goberno a un partido que practica políticas antisociais e duros recortes contra os dereitos da cidadanía.

 

Podedes escoitar a rolda completa dende:

Relacionados