valadare.jpg - 4.79 Kb

Esquerda Unida reúnese coa A.VV. Valadares

 

Rubén Pérez felicitou á AAVV polo seu local e xestión e expúsolle aos membros da directiva local de Valadares a postura de EU en importantes temas de índole local, destacando a Proposta para o debate sobre a descentralización municipal, punto que EU atopa necesario para asegurar un concello máis democrático e implicar aos veciños na súa construcción.

Falouse tamén das dificultades económicas que están a sufrir os concellos e que irán en aumento nos vindeiros meses. Por iso o candidato trasladou aos asistentes diversas propostas plantexadas no programa de EU, que contan xa con resultados noutras localidades. Coma por exemplo: a creación dunha empresa agrícola municipal, o aumento do IVI ás vivendas desocupadas (sen actividade nun período superior a dous anos), instar a que volten tributar as PYMES…

Por outra banda, Rubén Pérez tamén se referiu aos altos ingresos que perciben os concelleiros no momento de crise actual. Os membros da AAVV de Valadares expuxeron as súas dúbidas sobre algúns de estes items ao candidato e tamén o seu acordo nalgúns de eles, dando os seus diferentes puntos de vista.

 

Finalmente, EU Vigo emprazounos a seguir colaborando con propostas que poidan enriquecer a elaboración colectiva do programa electoral.

 

Relacionados