Esquerda Unida reúnese coa Plataforma Loita.

Esquerda Unida reúnese coa Plataforma Loita.

A Plataforma Loita é a Plataforma cidadá para loitar polos dereitos dos nenos, nenas, nais e adolescentes.

Onte reunímonos coa Plataforma Loita para coñecer de primeira man as demandas das familias con crianzas con necesidades especiais. Por parte de Esquerda Unida, participaron na xuntanza Lino Costas, Coordinador Nacional, e Alba Torreiro, responsable de Área Externa da organización, xunto á concelleira e concelleiros de Esquerda Unida de O Grove; Jose A. Otero, Susana Millán e Anxo Meis.

Consideramos necesario que a atención non desapareza despois dos seis anos, pois supón un traballo preventivo que significa paliar e reducir as dificultades que poden afectar a todos estes nenos e nenas, así como mellorar notablemente as súas condicións de vida e benestar.

Igualmente, dende Esquerda Unida reclamamos que se ofreza este servizo de xeito 100% público e polo tanto non a través de empresas concertadas, privatizando recursos para a atención de necesidades básicas. A Administración Pública debe prestar as debidas atencións a estas necesidades sen que as familias teñan que recorrer a utilizar atención privada chegando mesmo a endebedarse para poder darlle atención axeitada ás súas crianzas.

Por uns servizos públicos de calidade para todas!

 

Relacionados