Esquerda Unida rexeita a moción de censura presentada conxuntamente por Somos Fene e o PP en Fene

Dende Esquerda Unida manifestamos o noso total rexeitamento á moción de censura presentada hoxe conxuntamente por Somos Fene e respaldada polo Partido Popular no Concello de Fene.

Este segundo intento de moción de censura no Concello de Fene, que desta vez non conta coa sinatura do PSdG para tumbar ao goberno formado por BNG e EU, non responde a unha cuestión política. Dende Esquerda Unida apoiamos a acción política que EU Fene e BNG están a levar a cabo no concello en beneficio das veciñas e veciños, a pesares das continuas trabas por parte dos tres grupos da oposición.

Dende Esquerda Unida consideramos que é inadmisible e inxustificable presentar unha moción de censura que entrega o goberno a un partido que practica políticas antisociais e duros recortes contra os dereitos da cidadanía. Consideramos que esta actuación irresponsable por parte de Somos Fene só pode ser consecuencia de intereses partidistas que se antepoñen aos intereses das veciñas e veciños de Fene.

Por todo isto, dende Esquerda Unida manifestamos o noso total rexeitamento a esta moción de censura que o único que pretende é prexudicar ás veciñas e veciños de Fene.

Dende Esquerda Unida manifestamos o noso apoio á nosa concelleira en Fene.

Relacionados