Esquerda Unida súmase ás concentracións galegas polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas, hoxe 20 de xuño [Manifesto]

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca hoxe diferentes mobilizacións por toda Galicia para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

Dende Esquerda Unida recoñecemos o esforzo dos movementos sociais no que a mellora da calidade de vida e a loita pola defensa dos dereitos fundamentais das persoas refuxiadas se refire, uns dereitos que son vulnerados constantemente na actualidade.

Neste 20 de xuño, amosamos a nosa solidariedade con todas as persoas refuxiadas e reivindicamos o fin das políticas inhumanas que converten o Mar Mediterráneo nun enorme cemiterio.

Adxuntamos o noso manifesto polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas

 

Relacionados