Esquerda Unida apoia e participa na manifestación do día de hoxe sábado 19 de febreiro en Boiro convocada por CC.OO. en defensa das reivindicacións laborais e lamenta a falla de unidade sindical á hora de asinar o preacordo do convenio laboral do sector
A falta de unidade en reivindicacións que se incluíron no preacordo e que eran inasumibles por parte destas na proposta por parte da patronal do sector só pode prexudicar ás traballadoras que non verán reducida a desigualdade salarial entre mulleres e homes e que abre a porta á obrigatoriedade de traballar as fins de semana e festivos para as novas contratacións.
Denunciamos ademais a chantaxe por parte da patronal dende o inicio das negociacións e que ademais da intransixencia coa que se mostrou nas negociacións ameazou cun peche patronal como medida de presión insaumible.
Polo tanto Esquerda Unida, apoia a continuidade das mobilizacións e reclama que a proposta inicial que expuñan as centrais sindicais e que a propia unidade sindical se mantexa co fin de rematar coa precariedade e o fin da fenda salarial entre mulleres e homes que se mantén coa firma do preacordo do convenio