Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización contra os Lumes e a Lei de Depredación

Esquerda Unida súmase e chama a participar este domingo 22 de outubro na mobilización contra os Lumes e a Lei de Depredación, que terá lugar na Alameda de Compostela ás 12h. A falta dunha política de prevención efectiva no dispositivo de incendios, a improvisación, a ausencia de medios materiais suficientes e a precarización dos servizos provocaron que nestes días Galicia semellara o inferno.

É paradoxal que, mentres parte do país ardía, o PP aprobaba en solitario a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais (máis coñecida como Lei de Depredación), que pretende vender o noso rural ás multinacionais e as celulosas para permitir máis plantacións de eucaliptos ou a explotación de minas a ceo aberto.

De entrara en vigor esta lei, o noso rural sufriría consecuencias catastróficas. Por iso, este domingo chamamos a saír ás rúas a denunciar as nefastas políticas que o PP quere para o rural, nunha mobilización na que participará Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, así como a executiva nacional de Esquerda Unida.

 

 

Mobilización: Contra os lumes e a Lei de Depredación

 

Data: Domingo, 22 de outubro.

Lugar: Alameda. Compostela.

Hora: A partir das 12 horas.

Relacionados