Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación na manifestación da Plataforma Queremos Galego este 17 de maio na Alameda

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento para participar na manifestación que terá lugar mañá 17 de maio ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “En galego Día a Día”.

Os dramáticos datos relativos á perda de falantes que reflexan os informes da Mesa Pola Normalización Lingüística de Galicia ou do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, sumadas á deixadez do PP á hora de levar a cabo medidas que fomenten o uso da nosa lingua, fainos reflexionar respecto a que o galego non coñece unha igualdade real co castelán.

Por todo isto, dende Esquerda Unida chamamos á cidadanía galega a participar nesta manifestación, na que estará a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, así como os membros da dirección de Esquerda Unida.

Audio de Eva Solla:

Manifesto do Día das Letras Galegas, 17 de Maio de 2018

Relacionados