Esquerda Unida únese aos actos de Ferrol e A Coruña no Día da Clase Obreira Galega

Esquerda Unida lembra un ano máis, o 10 de marzo de 1972, cando eran asasinados a mans fascistas os compañeiros Amador Rey e Daniel Niebla mentres defendían os dereitos dos traballadores dos estaleiros públicos de Ferrol.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación nas mobilizacións e actos convocadas polos sindicatos en Ferrol, a ofrenda floral no Monumento 10 de Marzo e a Manifestación do Día da Clase Obreira Galega, co fin de honrar a memoria dos compañeiros asasinados a mans fascistas no ano 1972, Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros públicos ferroláns.

Para que estas mortes non caian no esquecemento, é imprescindible seguir a lembrar a súa memoria, facendo que os seus valores impregnen os nosos actos e as nosas conciencias, tal como fixo nos seus versos Rafael Bárez, militante do Partido Comunista e concelleiro do PCG na Coruña, que foi encarcerado no cárcere coruñés durante nove meses polo seu papel como avogado laboralista nestes históricos e cruentos sucesos, polo que se lle rindeu unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

Relacionados