Estado lamentable do río do Esteiro

 

Dende o GM de EU-IU demandamos a limpeza do lavadoiro, do cauce do río e dos 5 mts. de policía a carón de todo o traxecto do cauce do río, facendo así transitable a beira do río para o disfrute de todalas persoas. Aínda que non queremos esquencer o problema máis grave que para nós ten neste momento a parte baixa do cauce que é a recepción de augas fecais, polo tanto demandamos do grupo de goberno en colaboración con augas de Galicia que se poñan mans á obra e solucionen o problema de verquidos que ten o río.

Relacionados