EU apoia con máis dun 70% a proposta de Garzón de “unha IU para un novo país”

No Consello Político Nacional celebrado esta tarde en Compostela, Esquerda unida aposta pola acumulación de forzas de cara a derrotar as políticas do PP, e aproba unha resolución sobre as “Mareas en Común para unha ruptura democrática”.

Ver: Resolucion_a hora das mareas en comun para unha ruptura democratica

Esquerda Unida celebrou hoxe na Facultade de Matemáticas de Santiago a súa Asemblea Nacional, inscrita dentro do proceso de debate para a XI Asamblea Federal de IU que terá lugar a fin de semana do 4 e 5 de xuño. Na sesión de hoxe presentáronse os tres documentos a debate nesta Asemblea Federal: “Unha IU para un novo país” (tese defendida por Alberto Garzón), “IU, sí: con máis forza” (documento encabezado por Paloma López) e “Revolución democrática para unha esquerda ganadora” (de Tasio Oliver).

Na Asemblea Nacional interviñeron os responsables comarcais de Esquerda Unida, que fixeron as súas valoracións e aportacións a estes documentos, tras o que se procedeu á votación dos mesmos. O documento defendido por Alberto Garzón “Unha IU para un novo país” foi o que contou co apoio maioritario dos delegados presentes hoxe na Asamblea Nacional, superando o 70 por cento dos votos.

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, quen defendeu este documento na súa intervención, destacou que “esta tese recolle en si as orixes de Izquierda Unida, un movemento político e social, no que está a primar o traballo colectivo, e a colaboración das bases e da cidadanía en xeral en tódolos procesos que se están a dar”. Asemesmo “este proceso aberto tenta cambiar a estrutura da nosa formación dende a base, con órganos de dirección máis pequenos, máis rápidos e máis participativos.”

Yolanda Díaz tamén destacou que o documento que Esquerda Unida Galicia apoia para a XI Asamblea Federal de IU fai una relectura das confluencias, o espíritu orixinal co que naceu a nosa formación hai 30 anos.

Xa pola tarde, Esquerda Unida celebrou o seu Consello Político Nacional, no que se aprobou o informe político da coordinadora que dá conta do traballo que a formación está a desenvolver na actualidade, así como a participación da militancia na actividade e mobilizacións que o darán nas próximas semanas: manifestación Día das Letras Galegas, as xornadas de EU relativas aos Drons na Base de Rozas o vindeiro 27 de maio en Santiago, Marchas da Dignidade en Lugo, campaña contra o TTIP nos concellos galegos, o 19 de xuño día mundial das persoas refuxiadas, etc.

Asemesmo se debatiu e aprobou o documento de apoio de Esquerda Unida aos procesos municipalistas que se están a artellar na nosa comunidade, coa vontade expresa de sumar e contribuir ao seu éxito, porque entendemos desde o primeiro momento a súa trascendencia. Esquerda Unida considera que as mareas, e diversas candidaturas municipais que baixo outros formatos forman parte do proceso de unidade popular, constitúen a base primordial para conquistar a Xunta de Galicia nos vindeiros comicios autonómicos de outono.

Por estas razóns, EU referenciase nos Principios Básicos de Mareas en Común, que vén de celebrar a súa asemblea constituínte en Ames, un proxecto que como sinalan os seus propios obxectivos, debe medrar e ampliarse a través da participación activa e directa de “todos os axentes e actores da ruptura política, militancias, cargos e representantes institucionais dos partidos, colectivos, movementos, mareas municipais e cidadanía”.

Relacionados